Parabéns Iria!!

VIII Concurso Europeo de Marcapáxinas

A alumna do 1º curso de FP Básica de Informática de Oficina, Iria Fernández Álvarez ven de acadar o 3º premio no VIII Concurso Europeo de Marcapáxinas
(https://www.iessanclemente.net/2018/05/30/viii-concurso-europeo-de-marcapaxinas-fallo-do-xurado/), enmarcado no proxecto eTwinning Letras Galegas 2018 impulsado polo profesorado do Ciclo Formativo.
O proxecto eTwinning (http://www.etwinning.net) Letras Galegas organízase dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela e nel participaron diferentes escolas europeas de España, Portugal, Italia e Polonia.
Entre outras actividades colaborativas entre os diferentes centros europeos, preténdese difundir a lingua e literatura galegas prestando unha homenaxe á figura de María Victoria Moreno Márquez, autora conmemorada nas Letras Galegas 2018 (https://academia.gal/letras-actual).
Parabéns Iria!!

[ pechar ]