Isto é un SIMULACRO!!

Simulacro de incendio e evacuación no Instituto

O IES Cosme López Rodríguez acolleu este venres, 25 de maio, un simulacro de incendio.
O motivo do simulacro foi un suposto incendio, orixinado no laboratorio de Química, ubicado na zona norte da segunda planta, descuberto por un profesor que pasaba pola zona e, inmediatamente, deu aviso á xefa de emerxencias e directora do centro. Tras, presuntamente, avaliar as dimensións do incidente, a responsable do IES Cosme López Rodríguez deu aviso ós servizos de emerxencia, 112, e, xunto co xefe de intervención e o equipo de alarma e evacuación, organizou a evacuación a isod as 11.30 horas da mañá.
O simulacro de evacuación resultou todo un éxito, xa que alumnado, profesorado e personal non docente, un total de 241 personas, conseguiron abandonar ordenadamente as instalacións e situarse a salvo en catro minutos, tras os cales chegaron os servicios de emerxencia encabezados polos Bombeiros, Policía Local e Protección Civil. Unha vez comprobaron que estaba garantida a seguridade no recinto, os integrantes da comunidade educativa volveron ás aulas para proseguir as clases con normalidade durante o resto da xornada escolar.
A presente actuación inscríbese no plan de emerxencia e evacuación diseñada polo IES Cosme López Rodríguez e o seu objectivo é ensaiar, correxir e coordinar as accións dos distintos axentes afectados en caso de producirse un incidente real.

[ pechar ]