CORRELINGUA 2018!

Outra vez Monforte!, outro ano!!, outro correlingua!!!

Como un ano máis, os nosos rapaces/as foron a Monforte a correr detrás da lingua e de fixo que a pillaron porque o pasaron fenomenal. A comitiva estaba composta polo alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato. Ademais, foron provistos de gaitas, tamboril, pandeireta e... os bombos do folión de Petín! Xa vos podedes imaxinar a festa que montaron!
O percorrido desta vez foi desde o Pazo Condal (San Vicente do Pino) ata o Parque dos Condes. Aquí puideron gozar dun espectáculo musical no que quedaron encantados con Bolboreta (Lydia Botana, multinstrumentista (acordeón, piano, guitarra, ukelele, voz e percusións) de Fonteculler (A Coruña), que fusiona distintos xéneros musicais creando un tipo de música soleada e mestiza). Bailaron e cantaron o que quixeron!!
Xa pola tarde, os alumnos e as profesoras acompañantes fixeron unha pequena ruta polo Caurel (unha ben difícil) e visitaron a Casa Museo Uxío Novoneyra.
Un día ben completo! A metade deles volveron durmidiños para a Rúa.

Un pequeno pase fotográfico!!

[ pechar ]