CÓMO FALAR CUN FILLO/A ADOLESCETE

Coeducación das emocións para aplicar na familia. Nova charla o próximo 2 de marzo.

"Os mozos de hoxe en día aman o luxo, teñen pésimos modais e desdeñan a autoridade. Mostran pouco respecto polos seus superiores e están sempre dispostos a contradicir os seus pais e tiranizar os seus mestres".
¿É esta unha visión actual da realidade dos nosos adolescentes?
Podería selo, pero o autor deste texto foi o filósofo grego Sócrates e escribiuno no século V antes de Cristo. O certo é que a revolución hormonal, a rebeldía, a teimosía, o mal humor, a impulsividade e as condutas desafiantes son propias desta etapa de transición entre a infancia e a idade adulta. O problema é que este particular estado de ánimo dificulta a convivencia e xera múltiples conflitos cos adultos ata chegar á desesperación. Os problemas de rendemento escolar, as adiccións (tabaco, alcol, drogas) e as condutas de risco (nas relacións sexuais ou na estrada) son os tres grandes cabalos de batalla a estas idades. O certo é que unha mala decisión pode condicionar toda unha vida. Pero non se pode encerrar os mozos/as nunha burbulla, aínda que daría moita máis tranquilidade.
Dende a Universidade de Santiago acudiran especialistas da Facultade de Ciencias da Educación para axudar e ofrecer pautas sobre a mellora da comunicación dentro da familia, por iso esperamos contar coa vosa presenza o día 2 de marzo ás 16:00 da tarde no Salón de Actos do IES Cosme López Rodríguez.

[ pechar ]