ACUDIMOS Á CHAMADA DO TEATRO

Escenificación de Cousas de Castelao polo grupo de teatro Os Quinquilláns.

O pasado 6 de febreiro, o noso alumnado de 2º ciclo de ESO e de bacharelato e o profesorado acompañante tivemos a sorte de asistir á representación teatral que o marabilloso grupo de teatro Os Quinquilláns fixo sobre o libro de relato Cousas de Castelao.
Na súa versión conseguen conciliar personaxes e tramas de máis de vinte relatos diferentes de Cousas arredor de cinco contos: O Rifante, Aínda eu non nascera, O pai de Migueliño, No escuro caletre de Martiño e O burro non bulía nin un chisco.
E será o burro, trasunto do propio Castelao, o que vai exercer de presentador das diferentes escenas. Ademais, escenifícase a chegada da familia de Castelao a Galicia desde as Américas, en 1900 cando Alfonso Daniel tiña 14 anos.
Unha moi boa maneira de coñecer o autor e a súa obra a través do teatro ben feito.

[ pechar ]