VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA

Nova charla da Escola de Familias (martes 20 de febrero ás 16:00) no Salón de Actos

Tendemos a pensar que a violencia de xénero é algo que ocorre exclusivamente en parellas adultas, sen embargo cada vez é máis común que este tipo de violencia se manifeste nas relacións entre adolescentes. Por iso, é moi importante que os mozos/as saiban detectar a tempo se se comete un acto de violencia de xénero dentro da parella. Isto é complicado, xa que é moi difícil identificar certos tipos de maltrato, que son máis sutís e que ocorren con máis frecuencia na violencia de xénero.
Pero, por que é importante saber como detectar este tipo de comportamentos? Durante a xuventude e a adolescencia é cando os mozos establecen certos tipos de relación que poden marcar un patrón de comportamento. Os adolescentes, debido á súa mocidade e inexperiencia, tenden a soportar certos comportamentos cotiáns que son claramente considerados actos de violencia de xénero e que pola súa normalización ou por unha simple ignorancia do seu significado, poden formar parte a túa vida diaria. O feito de non corrixir determinados comportamentos no tempo pode causar problemas no desenvolvemento da súa personalidade.
En Escola de Familias queremos ofrecer pautas para detectar na familia posibles situacións de violencia que estean a sufrir os fillos. Dende o Plan Director, a Garda Civil ofrecerá unha charla no Salón de Actos, o martes, 20 de 16 á 17 h.

[ pechar ]