Pleno outra vez!

Un ano máis, PLENO! nas Probas de Acceso á Universidade (PAU)

Queremos desde aqui felicitar aos alumnos e alumnas do Centro que, un ano máis, veñen de facer pleno nas Probas de Acceso á Universidade. Parabéns!
Destacar tamén que unha alumna, tamén un ano máis, ven de acadar unha nota superior ao 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas, polo que estará, xunto cos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio do país, en un acto de recoñecemento que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, o día 30 de xuño.

[ pechar ]