A RÚA EN RUTA

O IES Cosme López participa nas Rutas Científicas, Artísticas e Literarias

Un grupo de 20 alumnos de 1º de Bachillerato do IES Cosme López Rodríguez participa, ao longo desta semana, no programa Rutas Científicas, Artísticas e Literarias, Outono, 2017, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O Ministerio seleccionou para esta etapa educativa, entre un centenar de solicitudes de toda España, a 14 centros, entre eles dous galegos, ambos da provincia de Ourense: o IES Cosme López Rodríguez, da Rúa, e o IES Xesús Taboada Chivite, de Verín, que están disfrutando xuntos desta experiencia en compañía de dous profesores de cada centro e de dous monitores.
A ruta comezou o pasado domingo en Madrid, e está transcorrendo por diferentes localidades desa comunidade e de Castilla La Mancha: Madrid, Alcalá de Henares, Tres Cantos, Toledo, Campo de Criptana, Valdepeñas, Manzanares, Ruidera, Argamasilla do Alba ou Almagro, entre outras. Durante o desenvolvemento da actividade, que conta cun blog no que os alumnos van publicando todas as actividades que realizan, inclúense visitas a museos como o Prado, o Raíña Sofía ou a Casa de Cervantes, centros de investigación como a Universidade Autónoma, percorridos por parques naturais como as Lagoas de Ruidera ou as Táboas de Daimiel, cidades de interese artístico e literario ou contornas literarias, que permitirán descubrir e ampliar o interese dos alumnos polo coñecemento das ciencias, as artes e as humanidades.
Para a participación nas rutas, o IES Cosme López Rodríguez elaborou un proxecto titulado “A Rúa en ruta”, que contempla a realización de numerosas actividades, entre as que destacan as tarefas de investigación sobre a figura de Miguel Hernández, de cuxa morte se celebra o 75 aniversario, e de exposición de material audiovisual sobre a experiencia vivida polos alumnos durante a viaxe.
A finalidade do programa é conseguir que a aprendizaxe sexa máis atractiva para os mozos e fomentar o seu interese pola ciencia, as artes e a literatura, ao introducirlles nestas disciplinas a partires de contornas reais que combinen os aspectos formativos e experimentais, mentres se potencia a conviencia con estudantes doutros centros. Así pois, favorecerá non só a súa formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, medioambiental, social, senón tamén o seu desenvolvemento integral, posto que se fomenta o traballo en equipo. Trátase, sen dúbida, dunha experiencia única para estes alumnos, que regresarán o vindeiro sábado.
Clica na ligazón para ver un pase de fotos

[ pechar ]