PLAN PROXECTA "Donas de si"

Traballo realizado polo alumnado de 1º curso de FPB de Informática de Oficina

O proxecto ten como obxectivo dar visibilidade ao taballo dun grupo de mulleres universitarias que nos anos 40 tiveron o encargo de realizar a programación dun ordenador que foi un hito na historia da informática, o ENIAC (Electronic Numerical Integrator And Computer) .
O ENIAC creouse no ano 1946 co obxectivo de realizar cálculos de traxectorias balísticas para o goberno dos EEUU que estaba inmerso na II Guerra Mundial.
O ENIAC foi programado por un grupo de seis mulleres matemáticas llamadas Betty Snyder Holberton, Betty Jean Jennings Bartik, Ruth Lichterman Teitelbaum, Kathleen McNulty Mauchly Antonelli, Frances Bilas Spence e Marlyn Wescoff Meltzer que xunto co grupo de enxeñeiros masculinos desarrolladores do hardware da máquina levaron a cabo este gran proxecto.
Este grupo de mulleres pioneiras na programación tiveron que programar en binario e implementar os programas na máquina modificando o cableado correspondente sen manuaia nin instruccións.
Cando o exército de EEUU presentou o proxecto do ENIAC as mulleres no n foron nomeadas e quedaron ocultas para a historia. Nas fotos nas que se vía ás programadoras non se facía ningún comentario ao seu traballo, polo que se pensaba que eran modelos postas para “facer bonito”.
No ano 1997, o grupo de mulleres matemáticas que desarrollaron o software do ENIAC foron incluidas no Women in Technology International Hall of Fame.
Como homenaxe ao grupo de mulleres programadoras do ENIAC, o alumnado de FPB1 fixeron un perfil Facebook das 6 protagonistas e do ordenador ENIAC, onde se incluiu a historia do ordenador e a biografía das profesionais. Cada alumno se ocupou dunha biografía e da realización de comentarios entre as protagonistas.
Ca inclusión do proxecto ENIAC e do grupo de programadoras en Facebook pretendeuse traer ao presente a historia e darlle visibilidade dentro das redes sociais do s'eculo XXI. Este traballo utiliza o anacronismo para achegar o pasado ao presente e homenaxear 'as seis mujeres que realizaron un traballo innovador e de alto nivel técnico…. Nunca máis ocultas á sociedade… nin ás redes sociais”
Aquí vos queda a ligazón

[ pechar ]