CORRELINGUA 2017!

Fomos a Monforte a participar, un ano máis, no Correlingua 2017

Como vimos facendo os últimos cinco anos, o día 2 deste mes, fomos a Monforte para participar no Correlingua 2017, que consiste nunha marcha a prol da lingua na que participan colexios e institutos da zona. Os grupos que asistiron como representantes do noso IES foron os de 3º e 4º da ESO xunto con 1º de bacharelato e FPB 1.
Este ano, non só entoamos cancións acompañadas de gaitas e pandeireta, senón que alternamos estas con pezas interpretadas a base de golpe de bombo, xa que ós rapaces do centro se lles ocorreu a idea de acudir provistos dos instrumentos que habitualmente empregan na época do entroido cando saen nos folións. Esta iniciativa resultou xenial, non só porque partiu do propio alumnado, senón porque lle deu ó Correlingua un toque festeiro diferente ó dos outros anos.
Despois de percorrer varias rúas da cidade do Cabe, os rapaces/as tiveron a oportunidade de asistir a un concerto de rock.
A actividade completouse, xa pola tarde, cunha visita ó Museo do Ferrocarril e á Ferrería de Penacova en Rubián (Concello de Bóveda).
Para resumir un pouco este día, podemos botar man dunha das cancións que os rapaces/as cantaron que di:
O galego se o falas,
vive, revive, pervive.
Corre tras da lingua!
Píllaa e faina líbre!


Pincha nesta ligazón para ver máis fotos

[ pechar ]