ADMISIÓN CURSO 2017/18

Aberto o prazo de admisión para o curso 2017-2018

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2017-2018. O IES Cosme López Rodríguez segue a ser, dende a súa apertura, hai máis de tres décadas, o centro académico de referencia de A Rúa de Valdeorras. A clave para estar na vangarda dos institutos ourensáns está en aunar, nun mesmo proxecto educativo, a ensinanza de calidade e as actividades culturais complementarias. Esta excelencia académica maniféstase ano tras ano nos resultados de selectividade (primeiro centro da provincia no pasado curso), e está respaldada polos datos do informe PISA, que sitúa ó IES Cosme López Rodríguez á cabeza dos centros educativos de Galicia, do Estado español e da OCDE.
O Ensino Público e garantía dun ensino de calidade!!

[ pechar ]