RCP na Aula

Curso de reanimación cardiopulmonar durante as próximas semanas (do 13 ao 24 de febreiro)

Desde o luns 13 de febrero ata o 24 (venres) o Centro disporá de un kit de RCP + DESA é dicir, catro torsos para a práctica da RCP (reanimación cardio pulmonar) e un desfibrilador esterno semiautomático(DESA), dentro de programa "RCP na Aula" que se está a realizar en toda a Comunidade.
No presente curso 2016-17, este material estará a disposición do centro únicamente nas datas sinaladas (do 13 ao 24 de febreiro)
En principio, se utilizará nos niveis 4º e 1º de bacharelato como unidade didáctica da materia de E.F., pero o verdadeiro e principal obxectivo deste programa (RCP na Aula é dar formación e habilitación para realizar o soporte vital básico a profesorado, persoal non docente e alumnado que asi o desexe.
Na ligazón adxunto podedes ver as características, programa e a duración (4 horas aprox.) recomendadas para o desenvolvemento da actividade.
Para todos/as aqueles que, con aproveitamento, rematen o curso, se lles outorgará un Diploma de “HABILITADO PARA REALIZAR SOPORTE VITAL BÁSICO”.
Ver Esquema Formación SVB
Ver imaxes do curso
Nos vindeiros días, profesorado e alumnado que participou no curso poderán acceder, desde esta mesma páxina, á materiais (videos, normativas, ligazóns de interese, etc.) elaborados e compilados como complemento á súa formación na RCP.

[ pechar ]