CHARLA PARA FAMILIAS (Mércores 11 de xaneiro)

Este mércores ás 16:30 falaremos sobre: "ALCOL E DROGAS NA ADOLESCENCIA"

Este mércores, 11 de xaneiro, de 16:30 a 17:20h, como parte das actividades da ESCOLA DE FAMILIAS do centro, terá lugar no salón de actos do centro unha charla sobre "ALCOL E DROGAS NA ADOLESCENCIA".
Esta charla é complementaria á que recibirá o alumnado pola mañá como parte do Plan Director.
Cada vez os/as rapaces/as entran en contacto con estas sustancias a idades máis temperás e de xeito incontrolado e preocupante. Dende a escola queremos colaborar coas familias para que o alumnado tome conciencia das consecuencias do abuso do alcol e outras drogas e sexa quen de tomar decisións reflexivas e responsables ao respecto.
Agradecemos moito a vosa asistencia.
Por suposto, poderedes plantexar todas as vosas díbudas aos poñentes.

[ pechar ]