NON á violencia machista!!

Toda a comunidade do IES Cosme López Rodríguez lle deu un TOQUE á violencia de xénero.

Nun día tan importante e significativo coma o de hoxe, o noso centro non podía deixar de manifestar o seu rexeitamento da violencia machista. Todo o noso alumnado achegou o seu granciño de area na realización do mural que se colocou na entrada do instituto e que pretendía pór unha nota de cor dentro da campaña promovida polos concellos da bisbarra de Valdeorras para conmemorar este día ("Valdeorras en negro"). Foron algo máis de 200 mensaxes esperanzadoras dirixidas a todas as vítimas da violencia de xénero que demostraron o sensibilizados que os nosos rapaces e rapazas están con este tema. Ademais, os alumnos e alumnas de 4º da ESO deron lectura a un manifesto en contra da violencia cara ás mulleres. Tamén o profesorado colaborou pois, ó portar as camisetas negras proporcionadas polo concello, demostráronlle ó alumnado que non só son ensinantes, senón educadores e que, chegado o caso, os valores humanos prevalecen sobre os demais (incluso os académicos) Mesmo o PAS e a responsable da cafetería botaron unha man. Toda a comunidade educativa do IES Cosme López Rodríguez lle deu un TOQUE á violencia de xénero!

Clica aquí para ver o noso vídeo

[ pechar ]