Comezamos coa ESCOLA DE FAMILIAS!!

1ª Charla para familias o martes, 4 de outubro ás 16:30 no Salón de Actos do Centro

O próximo martes, 4 de outubro de 2016, de 16:30 a 17:30h, no salón de actos do noso centro, un experto da Garda Civil dará unha charla informativa para familias sobre o uso responsable e perigos de internet e as redes sociais (facebook, whatsaap, instagram...).

Como sabedes, a convivencia positiva forma parte da filosofía do noso centro. En relación con isto, o "Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos" ofrécenos a oportunidade de organizar charlas moi interesantes para alumnado e familias.

A vosa asistencia é moi importante, porque facilita que as aprendizaxes que os/as vosos/as fillos/as fagan no centro, teñan continuidade e coherencia na casa.

Hoxe en día, os/as nosos/as fillos/as pasan moitas horas diante do ordenador e co teléfono móbil. O uso de internet non é algo malo, mais é preciso que as familias coñezan e acompañen para facer un bo uso destas ferramentas.

Vémonos o martes!!!!

[ pechar ]