PROCEDEMENTO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

MATRÍCULA ORDINARIA: DO 1 AO 10 DE XULLO DE 2020

  1. Datas de recollida de sobres de matrícula e de entrega da documentación:

    Alumnado beneficiario do programa Fondo solidario de libros de texto, que teñan que facer devolución de libros no centro:

    • Data de recollida do sobre de matríula: recollerá o sobre o mesmo día no que faga entrega dos libros e na hora sinalada para facelo que lle foi comunicada previamente (prégase que o fagan na hora exacta da cita previa).
    • Data de entrega do sobre de matrícula cos impresos debidamente cubertos e demais documentación:
      • Alumnado de 1º ESO : día 1 e 2 de xullo.
      • Alumnado de 2º ESO: día 2 e 3 de xullo.
      • Alumnado de 3º ESO: día 3 e 4 de xullo
      • Alumnado de 4º ESO: día 6 de xullo.
    • O horario para entregar os sobres de matrícula cos impresos debidamente cubertos e demais documentación será de 09:00 horas a 13:30 horas.

    Alumnado non beneficiario do Programa Fondo solidario ou que xa devolveron os libros e alumnado que se matricula por primeira vez en 1º ESO ou noutros cursos.

    • Data de recollida do sobre de matrícula:
      • Alumnado de 1º ESO, 2º ESO A: martes 30 de xuño de 11:00 a 12:00 horas.
      • Alumnado de 2º ESO B, 3º ESO A, 3º ESO B: martes 30 de xuño de 12:00 a 13:00 horas.
      • Alumnado de 4º ESO A e 4º ESO B: martes 30 de xuño de 13:00 a 14:00 horas.
      • Alumnado de 1º e 2º BACHARELATO: mércores 1 de xullo de 09:00 horas a 13:30 horas.
      • Alumnado de formación profesional básica: mércores 1 de xullo de 12:00 a 13:30 horas.
    • Deberán coller o sobre do curso no que se vaia a matricular o alumno ou alumna e saír do centro. Os impresos de matrícula cubriranse na casa.
    • Datas de entrega do sobre de matrícula cos impresos debidamente cubertos e demais documentación:

      • Alumnado de 1º ESO : día 1 e 2 de xullo.
      • Alumnado de 2º ESO: día 2 e 3 de xullo.
      • Alumnado de 3º ESO: día 3 e 4 de xullo.
      • Alumnado de 4º ESO: día 6 de xullo.
      • Alumnado de 1º e 2º de bacharelato: día 7 de xullo.
      • Alumnado de 1º e 2º formación profesional básica: día 3 de xullo.

    • O horario para entregar os sobres de matrícula será de 09:00 horas a 13:30 horas.
    • O alumnado deberá entregar no centro os impresos de matrícula debidamente cubertos, adxuntando a documentación que se solicita, metidos no mesmo sobre de matrícula. Calquera dúbida resolverase telefonicamente: 988 310833

  2. Documentación que hai que presentar. (Contido do sobre de matrícula)

    O impreso de matrícula e demais documentación necesaria para formalizar a matrícula estarán metidos nun sobre, organizados por cursos en distintas mesas que estarán na entrada do centro. O sobre de matrícula contén a relación de documentación e impresos necesarios para formalizar a matrícula:

    • Impreso de matrícula.
    • Documento de autorización para saír só do centro ao acabar a xornada lectiva, no caso de non ser usuario do transporte escolar.
    • Documento de autorización para que o alumnado poida baixar só nas paradas de trasporte escolar que teña asignadas; impreso de autorización para o tratamento da imaxe do alumnado.
    • Impreso de solicitude de comedor escolar (Anexo II Modelo de Autodeclaración asinado polos dous proxenitores, só se entregará cumprimentado en caso de solicitar comedor escolar para o curso 2020-2021).
    • Impreso de solicitude de autorización excepcional do uso gratuíto do transporte escolar ao alumnado de ESO cuxo domicilio estea situado a unha distancia inferior a dous kilómetros do centro.
    • Dúas fotografías recentes do alumnado.
    • Documento xustificativo do Abono do seguro escolar (1,12 euros) en ABANCA conta Nº: ES94-2080-5334-7030-4002-2917 (Excepcionalmente aceptarase o pago en efectivo só cando se aporte a cantidade exacta) para o alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º de bacharelato, 2º de bacharelato, 1º de formación profesional básica e 2º de formación profesional básica.
    • Ademais, o alumnado que se matricula por primeira vez en primeiro de ESO deberá adxuntar fotocopia da cartilla da seguridade social, fotocopia do DNI, e fotocopia completa do libro de familia.
    • De xeito voluntario: Todos/as aqueles que queiran pertencer a Asociación de pais/nais (ANPA a Cigurria) deberán ingresar a cantidade de 15 Euros en ABANCA no número de conta : ES96 2080 5334 7330 4002 5547
  3. Procedemento de entrega

    • Nas portas de entrada do centro haberá unha mesa con letreiros dos distintos cursos. Deberá deixar o sobre cos impresos e demais documentación que sexa necesaria para formalizar a matrícula encima da mesa no lugar que lle corresponda segundo o curso no que se matricule. No sobre, na parte visible, deberá figurar o nome do alumno ou alumna e o curso no que se matricula
    • As mesas estarán situadas no exterior, polo que non será necesario que entren ao centro. En caso de ser necesaria a entrada ao centro, esta farase individualmente (unha persoa por familia) coa máscara posta e farase hixiene de mans antes de entrar incluídas as luvas, se as levaran postas. Pregámoslle que traian bolígrafo da casa por se necesitasen cubrir algunha documentación.

  4. Ver un cadro resumo