Panorámica do Teixadal. Carballos xa casi sen follas e manchas oliváceas dos 300 teixos que forman este bosque centenario. A pesar de que para chegar a este paraíso débese cruzar toda a conca do río Casaio e a desfeita que supoñen as canteiras de lousa, unha vez no bosque invádenos unha sensación máxica e de estar noutro mundo. Os cumes de Trevinca vixían os últimos teixos ameazados ano tras ano polo lume.