Durante esta difícil etapa na que nos atopamos, solicitamos a colaboración das familias, para facilitar o traballo do centro escolar ao que van asistir as súas fillas/os. Resaltar que somos docentes e non profesionais sanitarios, polo que só podemos poñer á súa disposición os medios dos que dispoñemos para que seus fillos teñan o entorno escolar máis seguro posible e seguir o protocolo da Xunta dentro das nosas posibilidades humanas.

No verán estivemos traballando no protocolo para garantir a seguridade das súas fillas e fillos e de todo o persoal do centro, na sinalización do centro e das portas de entrada, asegurándonos que a distancia mínima entre cadeira e cadeira nas aulas sexa de 1,5 metros, poñendo cartelería necesaria, dotando a todos os espazos do material hixiénico indispensable e realizando outras obras. Pero non sabemos como vai evolucionar a pandemia, polo que pedimos especial atención ás comunicacións que lles iremos enviando a través dos medios oficiais dos que dispoñemos.

IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

GUIA FAMILIAS
PROTOCOLO COVID CURSO 2020-21

Índice (con un click accedes a cada un dos puntos do documento):

  1. Canles de información
  2. Familias no centro e titorías
  3. Comezo do curso
  4. Antes de saír da casa para vir ao centro (diario)
  5. Entradas e saídas do centro
  6. Recreos
  7. Comedor
  8. Normas básicas de seguridade e protección. Medidas de hixiene e protección para o alumnado
  9. Medidas xerais de limpeza e desinfección do centro

  1. CANLES DE INFORMACIÓN COAS FAMILIAS
    • A páxina web do centro: www.iescosmelopez.org será o principal portal de información e comunicación a nivel xeral. No portal haberá un espazo específico Covid. É recomendable que estean pendentes das novidades que vaiamos incluíndo nela.
    • Para a comunicación coas familias priorizarase o uso da aplicación abalarmóbil, polo que se considera fundamental que todas as familias descarguen dita aplicación. Vostedes recibirán avisos importantes e comunicacións a través de ABALAR, polo que é conveniente que o teñan instalado TODAS AS FAMILIAS o día 16 de setembro. Existen videos titoriais na páxina da Xunta de Galicia que poden servir de guía:
      https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/publicados-nuevos-videotitoriais-para-docentes-y-familias-uso-de-agueiro-comunidades
      Para as familias que non poidan ter a aplicación empregarase unha vía alternativa, que será o correo electrónico ou, en último lugar, o contacto telefónico.
    • Na páxina web poderán atopar un protocolo máis amplo que realizamos para o centro, o Plan de adaptación ao contexto Covid, e que estará colgado na mesma a medidados de setembro, xunto con outros plans como son o Programa de acollida e o Plan de continxencia (para o suposto de ter que suspender as clases presenciais parcial ou totalmente).
    • A Dirección e o persoal do centro estará á súa disposición, durante todo o curso escolar en horario lectivo, para resolver ou aclarar as súas dúbidas, para o que terán os teléfonos do centro e a dirección de correo electrónico habilitadas.
      • (Teléfono: 988310833, correo electrónico: ies.cosme.lopez@edu.xunta.gal
      • O Equipo Directivo está formado por:
        • Directora: M.ª Rosario Alonso Casas
        • Vicedirectora : Dorinda Díaz Díaz
        • Xefa de Estudos: María Ángel de la G. González Santos
        • Secretario: Gabino Fariñas Pérez
    • Ademais, haberá un Equipo COVID co que terán que contactar para calquera incidencia coa COVID e que estará formado por:
      • M.ª Rosario Alonso Casas. Correo: charo@edu.xunta.es(coordinadora do equipo Covid)
      • Dorinda Díaz Díaz. Correo: dorindadiaz@edu.xunta.es
      • Gabino Fariñas Pérez. Correo: gabinof@edu.xunta.es
  2. FAMILIAS NO CENTRO E TITORÍAS
    • As reunións presenciais de inicio de curso coas titoras e titores serán substituídas por reunións telemáticas.
    • Se as circunstancias o permiten, programarase unha única reunión presencial cos titores de primeiro de ESO. Xa se informará por correo electrónico da data, hora, lugar, requisitos de asistencia e normas de seguriidade e hixiene .
    • Mentres dure a pandemia, as titorías e reunións co profesorado (hora de atención a nais e pais) faranse da seguinte forma:
    • As titorías levaranse a cabo con cita previa empregando as canles habituais: abalarmóbil, correo electrónico do centro, páxina web centro, chamada telefónica.
    • A titora ou o titor porase en contacto coas familias á maior brevidade posible, e da forma que considere, durante un horario amplo que a familia deberá comunicar no momento de solicitar a cita e que terá que ser dentro do horario lectivo.
    • As reunións serán preferentemente telemáticas e empregarase o teléfono como medio xeral para facer as titorías.
    • No caso excepcional de ser presenciais, terán lugar na sala de atención a nais e pais coas seguintes medidas:
      • Petición de cita con anterioridade
      • Envío por correo e/ou abalar móbil dunha serie de normas que deben cumprir para asistir a reunión
      • Ao chegar, debe situarse na zona de espera ata que chegue o profesor ou profesora.
      • Uso obrigatorio de máscara e distancia interpersoal de seguridade.
      • Desinfección de mans ao entrar na aula e situarse onde lle indiquen.
      • Ventilación da sala da reunión tanto antes como despois e, na medida do posible, manterase a ventá aberta durante a mesma.
  3. COMEZO DE CURSO:
    1. INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

      Antes do inicio do curso haberá unhas xornadas de información ás familias escalonadas por cursos:

      • Día 10 de setembro: 1º ESO (10:00 horas). 2º ESO e FPB (12:00 horas)
      • Día 11 de setembro: 3º e 4º ESO (10:00 horas)
      • Día 14 de setembro: bacharelatos e ciclo medio (10:00 horas)
      • Lugar: comedor escolar (aforo suficiente para manter a distancia interpersoal de seguridade).

    2. XORNADAS INICIO DE CURSO: presentación do alumnado

      Oficialmente o curso comezará o día 16 de setembro. Este ano, as normas de inicio de curso cambian con respecto a outros cursos anteriores.

      Os días 16, 17 e 18 de setembro iniciaremos o curso cunhas xornadas de adaptación COVID. Serán tres días nos que o alumnado virá de forma escalonada por cursos para famiriarizalo coas novas medidas da COVID que rexirán todo o curso. Horarios e cursos por día:

      • Día 16 de setembro: 08:30 . 14:10 horas (1º de ESO, 2º ESO)
        11:00 horas (1º de bacharelato)
      • Día 17 de setembro: 08:30 horas – 14:10 horas (3º de ESO)
        11:00 horas: 2º de bacharelato
      • Días 18 de setembro: 08:30 – 14:10 horas (4º ESO, FPB)
        11: 00 horas: Ciclo medio.

    3. PLAN DE ACOLLIDA

      Durante as dúas primeiras semanas de curso, estamos programando, dentro do plan de acollida, os seguintes aspectos:

      1. Actuacións de prevención, hixiene e protección. Faranse diariamente na aula
      2. Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado, con sesións para que este coñeza, entre outras cousas, o funcionamento da aula virtual e outras plataformas.
      3. Sesións de atención a aspectos emocionais e sociais coordinadas polo Departamento de Orientación do centro.
      4. Posta en práctica do Plan de reforzo e recuperación de aprendizaxes imprescindibles non adquiridos o curso pasado pola sustpensión da actividade lectiva presencial durante todo o terceiro trimestre.

  4. ANTES DE SAÍR DA CASA PARA VIR AO CENTRO (TODAS OS DÍAS):
    • As nais, pais ou titores legais do alumnado deberán realizar, antes da chegada ao centro, unha auto avaliación dos síntomas: febre superior a 37,5 graos, tos seca, dificultade respiratoria, fatiga severa (cansanzo), dor muscular, falta de olfato, falta de gusto ou diarrea (Anexo 1 porase o enlace ao anexo na páxina web do centro) a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2. É obrigatorio medir a temperatura do alumnado antes de saír da casa pola mañá. Se vostede contesta afirmativo a algunha das preguntas deste test deberá, inmediatamente, chamar ao seu centro de saúde de referencia e avisar a un dos coordinadores COVID do centro escolar chamando ao teléfono do centro. Nas xornadas de información ás familias de inicio de curso (días 11, 12 e 14 de setembro) entregarase ás familias un documento de declaración responsable ao respecto.
    • A canle de comunicación para dar a coñecer ao equipo COVID (véxase membros do Equipo COVID) os casos de sintomatoloxía compatible e para comunicar a ausencia será:
      • Correo electrónico: charo@edu.xunta.gal, Deberá enviar o documento de rexistro de ausencias debidamente cuberto.
      • Comunicación telefónica: 988310833. Solicitará comunicación con algún membro do equipo COVID, quen cubrirá o documento de rexistro de ausencias
      • No plan de adaptación ao contexto Covid do centro recóllese a xetión dos gromos:
        • Situación na que os síntomas acontecen no centro
        • Suposto da aparición dun caso confirmado no centro
        • Xestión dun gromo no centro
        • Suposto de confirmación dun caso sospeitoso
        • Suposto de suspensión das clases
      • No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e co centro educativo para comunicar a ausencia do alumnado. Para a xustificación da ausencia, non será necesaria ningún xustificante médico, abondará co comprobante dos/as pais/nais ou titores/as legais. Un membro do equipo COVID comunicará ás titoras ou titores as ausencias do alumnado con sintomatoloxía compatible co Covid 19. As titoras e titores levarán un rexistro de ausencias producidas por este motivo, de modo separado e paralelo ao resto das ausencias producidas por outras causas.
      • Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumnado NON PODERÁ ACUDIR AO CENTRO ata que se coñeza que o resultado da proba sexa negativo e faga a corentena preceptiva. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á coordinadora COVID do centro.
  5. ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO:
    1. Entradas ao centro
      • A primeira hora da mañá, as familias, só poderán entrar ao edificio escolar en caso de necesidade ou indicación do profesorado ou do equipo directivo (previa cita), cumprindo sempre as medidas de prevención e hixiene.
      • Os proxenitores do alumnado deberán asinar un compromiso por escrito, onde se comprometen a que se o seu fillo ou a súa filla presenta febre, tos, diarrea e outros síntomas relacionados coa COVID 19 ou contacto con algunha persoa enferma ou con indicios de estalo, non asistirá ao centro, ata que sexa valorado/a polo seu médico ou pediatra. Nas xornadas de información ás familias ou o primeiro día de clase entregarase ao alumnado un documento de declaración responsable ao efecto que deberá traer asinado e entregarlle ao titor ou titora.
      • Utilizaranse tres portas de entrada para evitar aglomeracións: porta principal, porta traseira e porta da parte nova.. A cada grupo clase asignaráselle unha porta de entrada e saída ao centro (será sempre a mesma).
      • As portas do centro abriranse ás 08:15 horas (quince minutos antes do inicio da actividade lectiva), o alumnado entrará en fila mantendo a distancia de seguridade pola porta de acceso que teña asignada a medida que vaia chegando ao centro.
      • Horarios de entrada e de saída: mantéñense as franxas horarias habituais de entrada (08:30 horas) e saídas (14:10 horas). Nas últimas horas soará o timbre escalonadamente segundo os cursos para facer unha saída ordenada, empezando polo alumnado do primeiro andar e unha vez desaloxado o do segundo.
      • Haberá profesorado de garda para a entrada de 8:15 – 8:30 horas para vixiar que as entradas e subidas se fagan de maneira ordenada
      • Durante o desprazamento do alumnado polo interior do centro, o alumnado evitará tocar as paredes, pasamáns das escaleiras e objectos que atope ao seu paso e na aula non tocará portas, pomos, cintas de persianas, xanelas, interruptores de luz…
    2. Saídas do centro
      • Para a saída do alumnado do centro unha vez finalizadas as clases, seguirase un procedemento parecido ao da entrada, pero esta vez seguindo o mesmo procedemento que se utiliza durante un simulacro de evacuación:
      • O profesorado a quen corresponda a última hora lectiva previa á saída velará porque o material está recollido e desinfectado polo alumnado; e o alumnado preparado para saír ordenadamente e respectando a distancia de seguridade.
      • Será o profesorado de garda de última hora e o profesorado de clase de última hora os encargados de controlar o proceso de saída do alumnado.
      • Os luns, aquel alumnado que vaia ao comedor, irá o primero na fila e dirixirase directamente ao comedor acompañado polo profesorado de aula quen pasará o seu control as persoas coidadoras do comedor escolar.
    3. Desprazamentos entre clase e clase (reforzos, desdobres, optativas):
      • sairán en fila pegados á parede, polo lado dereito, non tocarán portas nin chaves de portas. O alumnado esperará ao profesorado na súa aula ordinaria, será este quen vaia a buscalo a esta aula e dirixirase seguindo as normas á aula que teña asignada.
      • Nos corredores estableceranse sentidos de entrada e saída diferentes en ambas marxes do corredor de forma que indiquen a circulación pola dereita de forma individual respectando a distancia de seguridade. Estas circunstancias estarán debidamente sinalizadas mediante cartelería situada nos paramentos ou no chan.
  6. RECREOS
    • O proceso de saída e entrada do recreo farase mediante o mesmo procedemento que a entrada e saída do centro.
    • Cada curso ten asignada unha zona de patio específica, non podendo ir a outras zonas. Tamén terá asignados una aseos concretos, non podendo usar outros do centro.
    • A saída ao recreo: o profesorado que teña clase a terceira hora acompañará ao alumnado á zona de patio que ten asignada o curso, comprobando que o alumnado mantén a distancia de seguridade en todo momento, e o profesorado de garda de patio será o encargado de que o alumnado manteña unha situación segura no patio.
    • Para a estancia do alumnado no patio é importante zonificar o espazo existente (maximizando os espazos para que o alumnado teña a maior superficie posible para moverse), limitando o contacto entre os diferentes grupos-clase.
    • Crearanse zonas diferenciadas que garantan que cada curso pode ter un espazo de recreo no que se respecte a distancia social.
    • Durante o recreo débense seguir ademais as seguintes normas de seguridade:
      • Unha vez no patio, limitarase a entrada do alumnado ao hall do centro ao estritamente necesario. O alumnado debe estar o máximo posible ao aire libre.
      • Non estará permitido que o alumnado cambie de sector nin de patio durante o recreo.
      • As ligas deportivas e actividades que durante o recreo se facían no pavillón en curos pasados, non se farán este curso xa que supoñen un risco tanto para alumnado participante como para o alumnado espectador.
      • Non se poderán facer xogos de grupo que supoña compartir obxectos, balóns, que haxa contacto entre o alumnado, ou que supoña mesturar grupos distintos.
      • O uso de balóns de calquear tipo está totalmente prohibido.
      • O alumnado non compartirá a súa botella de auga con outro compañeiro ou compañeira.
      • Se un alumno ou alumna durante o recreo ten unha necesidade urxente de ir ao baño, pedirallo ao profesorado de garda de patio, que o/a acompañará ao que ten asignado.
    • A entrada a clase unha vez finalizado o recreo farase da seguinte forma:
      • O alumnado situarase na fila/zona asignada para o seu curso no patio que lle corresponda, mantendo a distancia de seguridade.
      • O profesorado de garda de patio, de garda de cuarta hora e o profesorado que vai a impartir clase na aula a cuarta hora, manterán a orde do alumnado no patio e acompañarán ao alumnado ás súas aulas. O profesorado de aula non subirá directamente á aula, senón que ao soar o primeiro timbre irá á zona de patio que teña asignada o seu alumnado e acompañaraos á aula.
      • A orde de entrada farase segundo o establecido no Plan de adaptación ao contexto Covid.
      • Durante o desprazamento do alumnado polo interior do centro, o alumado evitará tocar as paredes, pasamanáns das escaleiras e obxectos que atope ao se paso.
  7. COMEDOR
    • Haberá unha única quenda de comedor.
    • O alumnado ocupará unha mesa individual separada das outras 1,5 metros de distancia de cadeira a cadeira. O alumnado sempre usará a mesma mesa.
    • O alumnado entrará ao comedor por curso e grupo coa máscara posta correctamente.
    • Fará hixiene de mans antes do comezo do xantar.
    • Unha vez rematado o xantar sairá por orde, segundo os grupos e cursos e irá á zona de patio que teña asignada. O persoal colaborador de comedor encargarase da vixilancia e de que o alumnado cumpra as medidas de protección e seguridade.
  8. NORMAS BÁSICAS DE SEGURIDADE E PROTECCIÓN. MEDIDAS DE HIXIENE E DE PROTECCIÓN PARA O ALUMNADO
    1. A dotación hixiénica mínima de todos os espazos utilizados do centro será:
      1. Dispensador de xel desinfectante hidroalcohólico.
      2. Dispensador de papel individual.
      3. Limpador desinfectante multiusos de pistola.
      4. Papeleiras con bolsa protexidas con tapa e accionadas por pedal.
    2. Uso obrigatorio de máscaras
      • O Alumnado e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras. É obrigatorio usar máscara de protección en todo momento e en todos os espazos. Só se quitará non momento de comer (comedor, ou recreo)
      • O alumnado, se utiliza máscaras cirúrxicas ou hixiénicas holmologadas, deberá traer unha de reposto metida nun sobre de papel para repoñer durante a xornada lectiva. Recoméndase que o alumnado traia máscara hixiénica en vez de cirúrxica (é máis ecolóxica xa que xera menos residuos e máis económica). As máscaras hixiénicas deben desbotarse unha vez que remate o seu período de fiabilidade (segundo o tipo de máscara varía o número de lavados diarios).
      • O alumnado fará reposición da súa máscara hixiénica ou cirúrxica á volta do recreo (11:40 horas), quitaraa de forma segura, hixienizará as mans e porá a nova.
    3. Frecuencia da desinfección de mans con xel hidro alcohólico
      • Todo o alumnado fará hixiene de mans, como mínimo, e baixo a supervisión do profesorado, ao entrar ao centro, cada vez que entre a aula, as saídas aos recreos, antes e despois de ir aos aseos, e ao rematar a xornada escolar.
      • O alumnado deberá traer o seu propio xel hibroalcohólico para o seu uso frecuente. Tamén poderá usar os dispensadores comúns que hai en todos os espazos.
      • A hixiene de mans deberá facerse correctamente, haberá cartelería nas aulas e aseos
    4. Distancia interpersoal de seguridade
      • Alumnado, profesorado e demais membros da comunidade educativa manterán, en todo momento e en todos os espazos a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros e 1,5 cando están nos pupitres das aulas..
    5. Outras medidas de protección e seguridade
      • Cando na conserxería ou secretaría do centro se distribúan formularios ou se entregue documentación que deba ser escrita, a usuaria ou usuario (alumnado aou familias) deberá utilizar o seu propio bolígrafo. No caso de non ter bolígarfo propio facilitarase, por parte do centro, o material de escritura que deberá ser desinfectado polo usuario antes e despois do seu uso.
      • Nas aulas, o alumnado estará situado de forma individual mantendo unha distancia mínima de dous metros entre alumnado.
      • O alumnado non poderá compartir material entre sí.
      • Durante este curso as familias non poderán entrar no centro nin permanecer nel. Se teñen que recoller o seu fillo/a deberán avisar con antelación mediante unha chamada telefónica ao centro. As titorías faranse todas, salvo casos excepcionais, de xeito telefónico, telemático ou por calquera outro medio que concerten coa titora ou titor a principio de curso (véxase Plan de adaptación)
      • Estarán reguladas e recollidas nas NOF (normas de organización e funcionamento do centro) estas medidas, así como tamén medidas correctoras de condutas contrarias ás normas de convivencia, no caso de que o alumnado non obedeza as indicacións do profesorado, xa sexan relacionadas co feito de non traer a máscara ou con non manter as distancias de seguridade e outras que atenten contra a saúde.
      • En ningún caso se permitirá estar no centro a ningunha persoa sen máscara, polo que é moi importante que se aseguren que seus fillos e/ou fillas traen a máscara ao centro
      • Deben intentar non traer nada de valor ao centro xa que as aulas permanecerán abertas durante os recreos e cambios de clase para airealas. Lembren que os teléfonos móbiles non están permitidos dentro do recinto escolar.
      • Para garantir a seguridade non haberá durante este curso, a non ser que mellore a situación, actividades extraescolares ou complementarias nin viaxes. Aínda así poderá haber excepcións, moi puntuais e autorizadas, se se pode garantir a distancia de seguridade cun número pequeño de alumnado. Tamén se poderán realizar sempre que sexan de forma telemática.
      • Aforos: todos os espazos do centro contarán con aforos máximos para garantir a distancia de seguridade das persoas que estean dentro. Nas portas de entrada das distintas dependencias haberá cartelría indicando aforos e normas de seguridade e hixiene.
      • As familias deberán facer un traballo de concienciación a seus fillos/as acerca destas medidas para facilitar o traballo de todo o persoal do centro durante este curso escolar.
  9. MEDIDAS XERAIS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN NO CENTRO
    • Durante a xornada lectiva unha persoa do servizo de limpeza realizará unha limpeza de superficies de uso frecuente e no caso dos aseos de polo menos 3 veces ao día (ás 09:30, 11:40, 14:30, e pola tarde. En todo caso nos aseos existirá material de desinfección para ser utilizado polos usuarios aconsellable e voluntariamente.
    • Ao rematar a xornada lectiva farase unha limpeza e desinfección exhaustiva de todos es espazos utilizados durante o día.
    • Deberá vixiarse a limpeza de papeleiras, de xeito que queden limpas e cos materiais recollidos, co fin de evitar calquera contacto accidental. Os recipientes con material desbotable, distribuidos por todo o centro (papeleiras con bolsa protexidas con tapa e accionadas por pedal), vaciaranse de maneira frecuente e manteranse sempre limpos.
    • Realizaranse tarefas de ventilación frecuente nas instalacións, e por espazo de polo menos 15 minutos antes de iniciar as clases, e entre clases. Cando as condiciones meteorolóxicas e do edificio o permitan, manteranse as xanelas abertas o maior tempo posible.
    • Ao finalizar ol proceso de hixiene e desinfección do centro, o persoal de limpieza deixará abertas as portas das aulas ordinarias, asignadas aos distintos cursos, desdobres e aulas específicas, xa que se ten garantía que van a ser utilizadas ao día seguinte, favoreciendo así a súa ventilación.
    • O resto das portas do centro (sala de profesorado, despachos, secretaría, biblioteca...), pecharanse unha vez limpas e desinfectadas, e colocarase en dito momento a dobre cartulina na cor verde o que indicará que ditos espazos están desinfectados, facilitando así o sistema de comunicación de espazos limpos e sucios ao profesorado.
    • Nos aseos do alumnado e do profesorado existirá unha folla cun cadro de control de limpeza, no que se anotarán ás horas ás que se realizaron os labores de limpeza e desinfección, o tipo de tarefa realizada (desinfección de water, pulsador de cisterna, chan....) e a persoa encargada de levalos a cabo coa súa sinatura.