A toda a comunidade educativa

Xa está dispoñible unha nova funcionalidade na aplicación abalarMóbil: a mensaxería.

A través deste novo servizo os responsables do alumnado van a poder comunicarse co profesorado a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Ata agora só se podían consultar as incidencias ou os avisos enviados por parte do profesorado ou do centro educativo. Con esta funcionalidade, os/as docentes poden habilitar a opción de resposta por parte das familias.

Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.

Manual para os responsables

Manual para o profesorado

Para calquera dúbida ou aclaración, poderán dirixirse á Unidade de Atención a Centros (UAC) ou ao/a asesor/a Abalar da zona.