Sala de lectura


Normas:
Só necesitas cumprir dúas sinxelas normas e poderás gozar da maxia dos libros:
O silencio. Que as palabras lidas resoen no teu interior.
Respecta os prazos de préstamo. Dispós de dúas semanas máis unha adicional se o precisas. Así os libros chegarán a todo aquel que o desexe. Ese é o noso maior desexo.
Á hora de buscar un libro, canto máis delimitada sexa a busca, mellores resultados conseguirás. Desculpa os erros que, seguro, encontrarás.
Traballamos para melloralos e agradecemos as túas suxestións e, sobre todo, as túas críticas.
Se non es alumno/a do centro, pero tamén queres gozar da nosa biblioteca, ponte en contacto con nós (bibliotecari@iescosmelopez.org). Dirémosche o que tes que facer para poder usala. Tamén é túa.

O noso patrimonio
Actualmente a biblioteca conta con: 14788 TÍTULOS, que ven a ser un total de 16787 VOLUMES. ¿Non está nada mal!! E seguimos no empeño... >>>
Última hora...
"Decreto 369/09, do 23 d xullo, polo que se declara o 2010 como Ano do Libro "
Artigo 1º
Declárase o ano 2010, en Galicia, Ano do Libro e da Lectura, polo que se invita a todos os galegos a participar nos distintos actos que se realicen na promoción do libro e da lectura.
Artigo 2º
As institucións públicas galegas, os ... (2010-11-03), ler >>