Título

Título: Conexión Tubinga

Autor: Alberto Canal

Editorial: XERAIS

SINOPSE - NOTAS:

O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro.

VOLTAR | TITULOS SIMILARES | OUTRAS PÁXINAS

 
© 2010 iescosmelopez.org - biblioteca-virtual | Privacy Policy | Terms of Use