Título

Título: Vidas exemplares

Autor: Uxía Casa

Editorial: XERAIS

SINOPSE - NOTAS:

Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportable… Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desque alí apareceu o corpo de dona Arminda… Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres… Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa… A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa… Este volume reúne vinte e un intensos relatos de medo e intriga, protagonizados por seres tan extraordinarios como trastornados.

VOLTAR | TITULOS SIMILARES | OUTRAS PÁXINAS

 
© 2010 iescosmelopez.org - biblioteca-virtual | Privacy Policy | Terms of Use