OFERTA PÚBLICA

Oferta pública do servizo de cafetería do I.E.S.

As persoas licitadoras que desexen participar no procedemento de adxudicación do servizo de cafetería, poderán manifestar o seu interese en presentar unha oferta na secretaría do Centro.
A dirección do Centro invitará a presentar oferta a todas as empresas que manifesten o seu interese neste anuncio e entregará unha copia das características do contrato:
- Folla de especificacións técnicas
- Condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería para o curso 2017-2018.
O prazo para manifestar interese en facer unha oferta será de cinco (5) días hábiles (descontando os sábados e domingos), a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
A Rúa, 6 de xuño de 2017
Adirectora



Mª Rosario Alonso Casas

[ pechar ]