RCP na Aula

Curso de Reanimación Cardio Pulmonar no instituto

Desde o día 13 de febreiro (luns) ata o 24 venres o centro disporá de un kit de RCP + DESA é dicir, catro torsos para a práctica da RCP (reanimación cardio pulmonar) e un desfibrilador esterno semiautomático(DESA), dentro de programa "RCP na Aula" que se está a realizar en toda a Comunidade.
No presente curso 2016-17, este material estará a disposición do centro únicamente nas datas sinaladas (do 13 ao 24 de febreiro)
En principio, se utilizará nos niveis 4º e 1º de bacharelato como unidade didáctica da materia de E.F., pero o verdadeiro e principal obxectivo deste programa (RCP na Aula é dar formación e habilitación para realizar o soporte vital básico a profesorado, persoal non docente e alumnado que asi o desexe.
Na ligazón adxunto podedes ver as características, programa e a duración (4 horas aprox.) recomendadas para o desenvolvemento da actividade.
Para todos/as aqueles que, con aproveitamento, rematen o curso, se lles outorgará un Diploma de “HABILITADO PARA REALIZAR SOPORTE VITAL BÁSICO”.
Ver Esquema Formación SVB
Unha vez rematado o curso, os materiais elaborados (videos, normativas, documentos, etc..), quedaran a disposición dos participantes na plataforma Moodle do centro (http://iescosmelopez.net).
... E neste mesmo espazo:
ver imaxes do curso

[ pechar ]